Cristian Silva — Un home tranquilo

Novo disco · 2025
01 — O disco

Un home tranquilo

Portada do disco Un home tranquilo de Cristian Silva
Edición física · 13 xuño 2025 Plataformas · 27 xuño 2025

Unha obra ambiciosa e inclasificable, onde a tradición dialoga sen prexuízos coa modernidade: gaita, frautas e zanfona eléctrica conviven con guitarras distorsionadas, sintetizadores envolventes e seccións rítmicas que se moven entre o funk, o indie e o jazz.

Unha paisaxe sonora profunda e reflexiva que narra a vida diaria dun músico, marcada pola madurez e un equilibrio entre a ironía e o furor. O disco está concibido coma un todo, coa gaita como protagonista, e deseñado para ser escoitado na orde proposta. O peche, Baño co leviatán, conecta co seu primeiro disco, Ego: da calma á loita interior, para emerxer de novo á tranquilidade.

Compostos, producidos e editados por Cristian Silva, os dez temas foron gravados entre Galicia e Madrid.

Vinilo translúcido

Edición limitada, asinada e numerada a man, froito dun experimento salino nas augas do Carril.

CD digisleeve

Fotografía de Álvaro L. Barreiro e deseño de Sr. Reny. Distribución: Inquedanzas Sonoras.

Mercar CD e vinilo En Inquedanzas Sonoras

Músicos convidados

  • Miguel Lamasbatería · Dani Martín, Pablo Alborán
  • José “Niño” Brunobatería · Leiva, Calamaro
  • Pablo Pérezguitarras e baixo · Zahara, Fuel Fandango, Loquillo
  • Xosé Miguélezsaxo tenor
  • Antonio Rodríguez Iborrabombardino e trombón · Dakidarría, Transilvanians
  • Adrián Saavedrabaixo eléctrico
  • Ana Fernándezvoz e pandeireta · Deixaás, Mercedes Peón
  • Igloocolaboración especial · indie galego

Tracklist · preme para ver os créditos

  • Miguel Lamas — batería
  • Pablo Pérez — guitarra eléctrica
  • Adrián Saavedra — baixo eléctrico
  • Cristian Silva — gaitas, sintetizadores, Hammond, guitarra eléctrica e voces
  • Miguel Lamas — batería
  • Pablo Pérez — guitarra eléctrica e baixo eléctrico
  • Cristian Silva — gaita, sintetizadores, Hammond, guitarra eléctrica e pandeiretas

O único tema do disco sen gaitas.

  • Miguel Lamas — batería
  • Pablo Pérez — guitarra eléctrica
  • Adrián Saavedra — baixo eléctrico
  • Cristian Silva — zanfona electroacústica, sintetizadores, Hammond, harmónica, guitarra eléctrica, frauta, pandeiretas, voz e coros
  • Miguel Lamas — batería
  • Xosé Miguélez — saxo tenor
  • Pablo Pérez — guitarra eléctrica e baixo eléctrico
  • Cristian Silva — frautas, gaita, Hammond e sintetizadores
  • Igloo — Beni Ferreiro (voz, coros e guitarra eléctrica), Juanma Fernández (guitarra solista), Julián Rodríguez (baixo), Alberto Torres (batería)
  • José “Niño” Bruno — batería e percusións
  • Cristian Silva — gaitas, sintetizadores e voz
  • Miguel Lamas — batería
  • Antonio Rodríguez Iborra — bombardino e trombón
  • Cristian Silva — gaita, low whistle, uillean pipes, sintetizadores, teclados, guitarra eléctrica e baixo eléctrico
  • Cristian Silva — zanfona electroacústica, musa medieval, tarota, gaita, sintetizadores, samplers, teclados, tambores, caixa, bombo, latas, pandeiretas, cunchas, sacho, guitarra eléctrica e baixo eléctrico
  • Miguel Lamas — batería
  • Pablo Pérez — guitarra eléctrica
  • Cristian Silva — low e tin whistle, uillean pipes, Wurlitzer, Mellotron, sintetizadores, samplers, pandeiretas, percusións, voz e coros
  • Miguel Lamas — batería
  • Cristian Silva — gaita, low e tin whistle, uillean pipes, Wurlitzer, Mellotron, sintetizadores, pandeiretas e percusións
  • Ana Fernández — voces e aturuxos
  • Miguel Lamas — batería
  • Xosé Miguélez — saxo tenor
  • Adrián Saavedra — baixo eléctrico
  • Cristian Silva — low e tin whistle, uillean pipes, zanfonas, violíns, contrabaixo, piano, sintetizadores, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, pandeiro e pandeiretas

Créditos

Produción

Un home tranquilo é unha produción e idea orixinal de Cristian Silva.

Todos os temas compostos e editados por Cristian Silva e gravados entre 2019 e 2024.

Produción executiva: Cristian Silva e Thinking Up Events

Mestura e masterización

Mesturado por Cristian Silva e José Trincado “Triqui” en Savik Sound (Pontecaldelas), salvo Estado de fuga e Lobo estepario, mesturados por Cristian Silva e Pancho Suárez de Lis en Planta Sónica 2.

Masterizado en Savik Sound por José Trincado.

Gravación

  • Cristian Silva — Estudios Ataráxicos (Carril, Coruxido) e ALU Estudios (Rianxo) por Rafa Iglesias (temas 2 e 8)
  • Miguel Lamas — PKO Estudios (Madrid) por Caco Refojo (temas 2, 4, 8 e 9) e Estudio de Lamas (temas 1, 3, 6 e 10)
  • Pablo Pérez — Matilda Estudio (Madrid) por Rodrigo Ulises Díaz “El Niño”
  • José “Niño” Bruno — Plan B Studio (Madrid)
  • Xosé Miguélez — Savik Sound (Pontecaldelas) por José Trincado
  • Igloo — El Laboratorio Criogénico (Caldas de Reis)
  • Antonio Rodríguez Iborra — Estudio Pam Collective
  • Ana Fernández — Estudios Ataráxicos (Coruxido, Brión)
  • Adrián Saavedra — Brión

Equipo artístico

  • Fotografía: Álvaro L. Barreiro
  • Estilismo: Cristian Silva
  • Localizacións no Carril: Joaquín Cores e Cristian Silva
  • Deseño gráfico: Sr. Reny (Javier Ramírez)
  • Distribución e asesoramento editorial: Inquedanzas Sonoras
Agradecementos

Adrián Saavedra, Adrián Solla, Álvaro L. Barreiro, Ana Fernández, Areia, Antonio Rodríguez (Iborra), Beni Ferreiro e Igloo, Borja Insua (Títeres Alakrán), Carlos do Viso, Carlos Ubeira, Cofraría de pescadores Santiago Apóstol do Carril, David Gómez, David López (Cabuérniga), Familia Seivane, Goyplason, Javier Ramírez, Joaquín Cores (Quinillo), José “Niño” Bruno, José Trincado “Triqui”, Marcos Blanco (MBH), Martín Varela e Thinking Up Events, Miguel Anxo López (Chino), Miguel Lamas, Palletas Tellado, Nuria Díaz, Obradoiro Antón Corral, Oli Xiráldez, Óscar del Morán, Óscar Novo, Pablo Pérez, Pancho Suárez de Lis, Rafa Iglesias, Suso Iglesias, Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Miguélez, Xosé Piñeiro, Xusto e Óscar de Inquedanzas Sonoras, a toda a xente que directa e indirectamente formou parte deste proxecto durante un lustro e a ti por ter este disco nas túas mans.

Single · 21.05.2025

Ovelha
neghra

O adianto de Un home tranquilo e a súa peza máis singular: o único tema do álbum sen gaitas. Composta e producida integramente por Silva, que toca nela zanfona electroacústica, sintetizadores, Hammond, harmónica, guitarra, frauta, pandeiretas, voz e coros.

02 — En directo

O directo

Cristian Silva cantando en escena, vestido de vermello, baixo os focos Ver en YouTube ↗

Un concerto que nace do contraste: da calma rebelde nun mundo convulso. Un espectáculo onde ser tranquilo convértese no acto máis transgresor.

Sobre o escenario, a gaita, as frautas e a zanfona eléctrica únense coa enerxía das guitarras e os sintetizadores nunha viaxe sonora que mestura rock, folk, jazz e funk. O repertorio está concibido como un relato completo, cunha estrutura e unha evolución dramática propias, arroupado por un coidado deseño visual.

Banda completa

  • Cristian Silvagaitas, zanfona eléctrica, frautas e voz
  • Suso Iglesiasacordeón
  • Miguel Anxo Lópezbatería e percusións
  • Xosé Piñeiroguitarra eléctrica
  • Efrén Nóvoabaixo eléctrico
  • Iria Iglesiasteclados e sintetizadores
  • Ana Fernándezpandeireta e voz

Convidados

  • Xosé Miguélezsaxo tenor
  • Antonio Rodríguezbombardino e trombón

Cuarteto

  • Cristian Silvagaitas, zanfona eléctrica, frautas e voz
  • Miguel Anxo Lópezbatería e percusións
  • Xosé Piñeiroguitarra eléctrica
  • Iria Iglesiasteclados e sintetizadores
03 — Biografía

Do Carril ao fondo

Cristian Silva tocando a gaita en escena
MultinstrumentistaCompositorProdutorDocenteBailarínDoutor e investigador

Cristian Silva, nado no Carril, deambula entre o mundo tradicional e o mundo académico. Titulado no Conservatorio Superior de Música de Vigo, con másters en artes escénicas e educación polas universidades de Vigo e Santiago de Compostela e, desde 2026, doutor pola Universidade de Santiago de Compostela.

Formouse en baile tradicional dende cativo en asociacións culturais carrilexas e, despois, en danza clásica e contemporánea, formando parte do Ballet Galego Rey de Viana nos últimos anos da súa existencia. Tamén se formou como construtor de instrumentos tradicionais no Obradoiro da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

Pertence á primeira remesa de profesores de gaita numerarios da Xunta de Galicia. Impartiu clase nos conservatorios de Vilagarcía de Arousa, Ferrol e Vigo —en Grao Superior e Profesional— e hoxe ensina gaita, conxunto, jazz e produción musical. Varias das súas obras e estudos para gaita forman parte da programación didáctica oficial de diversos conservatorios.

Doutoramento · USC · 2026

O ruído: a percusión como acompañamento da gaita na Galicia do S. XX. Instrumentos, intérpretes e padróns rítmicos

Tese de doutoramento defendida no Programa de Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC, dirixida por Francisco Javier Garbayo Montabes. Recupera a memoria de xeracións de percusionistas invisibilizados fronte aos gaiteiros e, a partir da análise espectrográfica de gravacións históricas do século XX, fundamenta por primeira vez a existencia dunha Escola Galega de Percusión, con padróns rítmicos e técnicas propias.

Ler máis ↗

/Premios e escenarios

Gañou máis dunha ducia de certames —a maior parte dos emblemáticos de Galicia cos cuartetos O Chupacabras e Canle Dadá— e, como solista, o premio Avelino Cachafeiro, Gaiteiro de Soutelo. Ten actuado no WOMEX, no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, no Festival de Órgao de Braga ou no Festival Reino de Llión, e formou parte de bandas tan dispares como Os Xirifeiros, Turboláser ou Art-monium.

/Colaboracións

Decenas de gravacións de todo tipo de estilos, xunto a artistas como:

Carlos NúñezThe ChieftainsSusana SeivaneHeviaDavide SalvadoRosa LópezRosa CedrónCómplices

/TV, escena e escritura

Colaborador da Televisión de Galicia, compuxo melodías para as seccións Vai de Baile, Punta Tacón e Vai de Gaita de Luar. Puxo música ás curtas O traseiro do Rei e Recortando sueños, e ao espectáculo DeMente da compañía Fran Sieira (2021). Publicou en Melómano, Diapente ou Aturuxo e, xunto ao folclorista Carlos Rey, diversas obras sobre tradición galega.

/Fitos

  • 2015Ego, o seu primeiro traballo en solitario.
  • 2016Nomeado nos XIV Premios Mestre Mateo.
  • 2017Libro-CD Manual Ególatra Básico.
  • 2021Música de DeMente (Fran Sieira).
  • 2025Un home tranquilo.
  • 2026Doutor pola USC coa tese O ruído.
Prensa
“Técnicas e conceptos absolutamente persoais levan á gaita a sonoridades nunca antes escoitadas.”
Carlos Crespo · La Voz de Galicia
“Vai un paso máis aló do que se ten feito até o momento coa gaita.”
Sermos Galicia
“Estamos diante dun disco diferente, impactante, moderno e galego universal.”
Xosé Manuel Piñeiro · TVG / La Región
“El gaiteiro de Carril que rompe los cánones.”
Antonio Garrido · La Voz de Galicia
“Cristian Silva demuestra que la gaita también suena a indie.”
Diario de Arousa
“Es uno de los renovadores de la música para gaita.”
Pablo F. Bodega · Cadena SER León
04 — Discografía

Discografía

Portada do libro-CD Manual ególatra básico
2017 · Libro-CD

Manual ególatra básico

20 pezas para gaita galega (+1), orixinais e para diversos niveis educativos.