Cristian Silva | Nuevo disco EGO de Cristian Silva ya a la venta
390
home,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-390,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode_grid_1300,vss_responsive_adv,footer_responsive_adv,hide_top_bar_on_mobile_header,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.0.1,vc_responsive

UNHA NOVA EXPERIENCIA SONORA

Ego é unha viaxe onde, a través de dez estacións, a gaita e as frautas mestúranse cos sintetizadores e a percusión galega para levarnos a un novo e anovador planeta sonoro. Así, a tradición fúndense coas vangardistas técnicas interpretativas da gaita e a música indie-pop.

Producido ao completo polo propio músico, Ego ten influenzas de rock, flamenco e música electrónica onde, dende un prisma persoal, Silva toca o medio cento de instrumentos que se poden escoitar ao longo dun disco que está, ademais, aderezado polas colaboracións de artistas de renome como Davide Salvado, Pedro Pascual ou Pandeiromus.

Pedidos especiais enviar un email a:
info@cristian-silva.com

CRÍTICAS DA PRENSA

Así acolleu a crítica especializada o nacemento de Ego

VÍDEOS

Vive o son de Ego no estudo, e no escenario.

EGO Band en concerto no Salón García (Vilagarcía de Arousa)

Cristian Silva: gaita
Suso Iglesias: acordeón
Adrián Solla: teclados e sampler
Adrián Saavedra: baixo e sintetizadores
Gonzalo Cortés: guitarra eléctrica
Miguel Anxo López: batería

A insignificante historia do home astronómico, unha idea orixinal de Cristian Silva coa adaptación e realización en stop-motion de Nuria Bouzas.

-Nominado ao mellor videoclip nos XIV Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual (2016)
-Finalista no III Festival de Cine de Roca (2016)
-Finalista no XLIV Curtas Film Fest (2016)
-Finalista no 21 Festival de Cine de Zaragoza (2016)